Un venres pola tarde, estábamos no patio e vimos unha data escrita nunha das canastas,poñia 21-2, nós pensamos que como este ano o entroido caía ese día pois referíase a eso.Cando tocou a serea fumos para a clase e dimos a clase como sempre ,ainda non sabíamos o que iba a acontecer.
Sobre as 16:00 da tarde sentimos un ruído estrano, non lle dimos importancia e seguimos co que estábamos.Despois dun rato antes de que tocara a serea para ir á casa volvimos sentir o mesmo ruído.Esta vez a profe saíu a ver que era o ruído pero non víu nada estrano.Ás 16:30 non tocou a sirena cousa que nos pareceu moi rara.Cando saímos para ver o que acontecía non vimos a ninguén, nin a prefesores nin a nenos nin a ninguén.Esto xa empezaba a parecernos moi estrano asi que saímos fora do colexio pero non había nin buses nin nada de nada.Despois fíxose de noite e decidimos acampar na clase.
Ó día seguinte espertamos e fumos ó patio en busca dalgunha proba que nos poidera axudar.So encontramos esa data 21-2, hoxe era día 18, polo tanto so faltaban 3 días.
Despois de comer algo encontramos palabras no chan e fúmolas xuntando. O único que conseguimos ver foi “Salvar o mundo esta nas vosas mans”.Ese día fumos encontrando cousas por todo o colexio,tiñamos que salvar o mundo antes desa data 21-2 o día final.O principio estábamos moi asustados pero logo fixemos todo o posible por salvar o noso planeta.
Era o día 20 so quedabános 1 día e aínda non encontráramos o que nos pedían: “A humanidade”. A verdade e que non o entendíamos, non sabíamos como conseguir eso.
O día 21 pola mañá formamos grupos de 4 e 5 persoas para buscar o que nos podía axudar con eso “Da Humanidade”.O único que encontramos foi una nota que decía “Non tedes que buscar sin non aprender a facelo”.Quedamos atónitos e decidimos esperar ata o día seguinte.
Pola mañá non aconteceu nada asique esperamos.Sobre as 19:00 da tarde vimos unha luz e fomos cara a el a.
Despertamos cada un na súa casa. Fora un soño conxunto? Ou en realidade pasara?
Laura Mesías Rey 6ºB
Espero que os guste.:3
No hay comentarios:
Publicar un comentario